CAREBOT: Unidades Robóticas Intelixentes para a actividade asistencial ambulatoria

Unidades Robóticas Intelixentes para a actividade asistencial ambulatoria

Descrición

O obxectivo do proxecto CAREBOT é o desenvolvemento de asistentes robóticos que axuden aos pacientes tanto no seu fogar coma no acceso a servizos asistenciais.

Obxectivos

O proxecto CAREBOT conta cos seguintes obxectivos específicos:

  • Desenvolver un asistente persoal robótico domiciliario que axude ao cumprimento das rutinas e prescricións médicas dos usuarios. Este asistente incluirá un xestor de rutinas médicas así como un asistente virtual para consultas médicas.
  • Desenvolver un robot de atención aos usuarios dun centro hospitalario. Contará con capacidade para desprazarse por zonas controladas así como dun asistente que facilite a interacción dos usuarios co robot por medio de linguaxe.

Subproxecto con RENACENS: Minería de procesos para o descobremento de comportamentos

O CiTIUS colaborará con RENACENS no desenvolvemento de algoritmos de minería de procesos para o descubrimento do comportamento dos usuarios no fogar e nas contornas asistenciais.

Subproxecto con Arcade Consultores: Asistente robótico domiciliario

O CiTIUS colaborará con ARCADE no desenvolvemento do asistente persoal robótico domiciliario que axude aos pacientes ó seguimento de rutinas no fogar. Este asistente contará coa capacidade para responder consultas médicas dos usuarios.

Subproxecto con Everis: Plataforma para a xestión de eventos e alarmas

A colaboración do CiTIUS con Everis centrarase no desenvolvemento dunha plataforma de computación na néboa para a xestión de eventos e alarmas.

Subproxecto con :

Investigadores

Subproxecto con RENACENS: Minería de procesos para o descobremento de comportamentos

Subproxecto con Arcade Consultores: Asistente robótico domiciliario

Subproxecto con Everis: Plataforma para a xestión de eventos e alarmas

Subproxecto con :

Detalles

Data de execución:01/01/2017 - 31/12/2018
Consorcio
  • Plexus (líder)
  • Arcade Consultores
  • Everis
  • RENACENS
  • CiTIUS

Programas científicos