Modelado del rendimiento de códigos irregulares paralelos en sistemas distribuidos

TítuloModelado del rendimiento de códigos irregulares paralelos en sistemas distribuidos
Autor/aMarcos Boullón Magán
DirectoresTomás Fernández Pena, Francisco Fernández Rivera
TipoTese doutoral
Data de lectura11/01/2016
Lugar de lecturaUniversidade de Santiago de Compostela
AbstractPara optimizar o uso dos recursos en grandes sistemas de computación distribuída utilízanse diversas técnicas. A modelización de rendemento é unha delas. Poder calcular a priori as características da execución dun algoritmo en cada nodo de computación segundo os recursos dispoñibles e o seu uso actual ou futuro axuda a planificar a distribución de traballos na organización. Pero non todos os algoritmos poden ser tratados do mesmo xeito. Hai unha categoría de problemas, chamados códigos irregulares, onde o control de fluxo, acceso a memoria e operacións de cálculo durante a execución dependen fortemente dos datos de entrada, e non poden ser caracterizados con precisión de xeito estático. Neste traballo analízanse distintos códigos presentes en proxectos reais para extraer as propiedades que caracterizan o seu rendemento ante distintas configuracións de entrada. Representan distintas categorías de códigos irregulares: algoritmos de álxebra matricial dispersa, de simulación de fluídos, e un algoritmo aleatorio de optimización global iterativa. Inclúese un módulo puro de comunicacións. As metodoloxías presentadas no traballo servirán como base para que novos grupos de investigación poidan adaptalas e caracterizar os seus códigos.