Oferta de traballo

O CiTIUS oferta catro postos de traballo para participar no desenvolvemento do proxecto europeo LIFE+ OPERE, relacionado coa eficiencia enerxética aplicada a edificios.

Os perfiles das catro vacantes son:

  • 1 técnico/a de apoio para a xestión do proxecto.

  • 1 técnico/a para monitorización do proxecto.

  • 1 investigador/a para auditoría, análise de datos e optimización.

  • 1 técnico/a para desenvolvemento de portal web.

    Para coñecer tólolos detalles da oferta, descarga o pdf adxunto. Os interesados podedes enviar o voso currículo ata o día 24 de setembro (inclusive), vía correo electrónico, a: citius.idi@usc.es.