«Ao sol» (sesión V): 'Cálculo económico e a imposibilidade do socialismo' | Convidado: Miguel Anxo Bastos

Data: 
venres, 1 outubro, 2021 -
12:30 - 14:00
Lugar: 
Horta do CiTIUS
Poñente(s): 
Miguel Anxo Bastos (Universidade de Santiago de Compostela (USC) | Departamento de Ciencia Política e Socioloxía )
Idioma: 
Galego
Streaming: 
Non

A quinta edición dos encontros 'Ao sol' promete debate coa presenza no centro do profesor Miguel Anxo Bastos, especialista no eido da Ciencia política e da Administración.

O vindeiro venres, día 1 de outubro, celebrarase a quinta edición de "Ao Sol" na horta do CiTIUS, na que contaremos coa presenza do profesor, politólogo e economista Miguel Anxo Bastos.

Nesta charla, o profesor Bastos falaranos desde un punto de vista teórico (pero informal) do socialismo, analizando a súa viabilidade como sistema económico.

Algúns dos temas a tratar serán a propiedade pública/privada, o control dos medios de produción, a competencia de mercado ou planificación económica.
De seguro que será unha charla moi interesante, e que dará lugar a un animado debate.