Conferencia - Infraestrutura para a integración de servizos en contornos intelixentes

Data: 
luns, 9 xullo, 2012 -
12:00 - 14:00
Lugar: 
Sala de Xuntas do Departamento de Electrónica e Computación
Poñente(s): 
Juan Carlos López (Catedrático de Universidade na Univ de Castilla- La Mancha)

A creación de contornos intelixentes que reaccionen de xeito adecuado ás necesidades dos usuarios leva á necesidade de establecer unha arquitectura que permita a integración transparente de dispositivos, redes e servizos. Nesta conferencia repasaranse as tecnoloxías básicas que permiten ofrecer o soporte preciso para que esta integración se realice a todos os niveis de xeito homoxéneo, coa menor sobrecarga e asegurando unha interacción cooperativa entre todos os elementos do contorno.