Conferencia - O valor dos resultados de investigación da Universidade

Data: 
venres, 20 abril, 2012 - 12:00
Lugar: 
Sala de Xuntas do Departamento de Electrónica e Computación
Poñente(s): 
María Jesús Rodríguez Gulías (Técnico de transferencia de tecnoloxía na Área de Valorización Transferencia e Emprendemento da USC)

Os resultados obtidos polos grupos de investigación da universidade son susceptibles de transferirse a empresas externas mediante a sinatura de acordos de licenza. A determinación dos termos nos que se transfiren os resultados de investigación é o resultado dun proceso de negociación. Neste sentido, a elaboración dunha valoración económico-financeira ben fundamentada dos mesmos axuda a centrar dita negociación, defendendo deste xeito os intereses dos investigadores.