Conferencia: "Vantaxes do pensamento innovador nunha empresa de TI"

No relato presentarase a Everis coma un caso de éxito no mundo TIC, facendo un breve percorrido pola súa historia, proxectos, clientes e perfil das persoas que traballen na compañía. De seguido incidirase na competitividade no sector TIC global e no papel da I+D+i, para dar paso a comentar diversas iniciativas de Everis nese eido (coma iDeals, Fitalent ou Everis digital). O relato remata facendo énfase nun proxecto de I+D de Everis no eido da saúde (SmartED).

Breve CV de Alberto Borrego:

Doutor en Ciencias Físicas pola Universidad Complutense de Madrid e Investigador durante 5 anos no CSIC na área de investigación e desenvolvemento de novos materiais para o sector aeroespacial e biomateriais. Conta con mais de doce anos de experiencia en consultaría tecnolóxica e desenvolvemento de aplicacións baseadas en TI no sector saúde en España e Latinoamérica.