Conmemoración do 'Día Internacional das Nenas nas TIC'

Data: 
xoves, 22 abril, 2021 -
10:00 - 13:00
venres, 23 abril, 2021 -
10:00 - 13:00
Lugar: 
Evento virtual
Poñente(s): 
Eva Cernadas, Natalia Seoane, Andrea Cascallar e Paula López (Investigadoras do CiTIUS)
Idioma: 
Múltiples idiomas (ver descrición)
Streaming: 
Este evento emitirase en directo. A ligazón á emisión poñerase aquí cando esté dispoñible.

Con motivo do 'Día Internacional das Nenas e Mulleres nas TIC', o CiTIUS organiza un programa divulgativo con diferentes relatorios e obradoiros impartidos por catro investigadoras do centro.

O CiTIUS celebrará os vindeiros xoves 22 e venres 23 de abril unha serie de actividades de divulgación para conmemorar o 'Día Internacional das Nenas e Mulleres nas TIC'. As actividades ofertadas inclúen obradoiros para distintas idades e relatorios adaptados aos diferentes niveis educativos, e teñen un dobre obxectivo: por unha banda, amosar a investigación que están a desenvolver as investigadoras do centro e, por outra, espertar o interese de nenas e mozas nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), un eido da ciencia que, aínda hoxe en día, conta cunha porcentaxe moi baixa de mulleres.

As distintas actividades ofertadas, nas que participarán as investigadoras do centro Eva Cernadas, Natalia Seoane, Andrea Cascallar e Paula López, terán lugar en formato virtual e requirirán de inscrición previa a través do formulario de inscrición.

As persoas interesadas en participar nestas actividades, dirixidas específicamete ao alumnado de primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional, poderán inscribirse ata o 19 de abril. Completado o rexistro, recibirán no seu correo electrónico unha ligazón para acceder aos distintos encontros, cunha antelación de 24 horas.

Toda a información sobre estes encontros está dipoñible no Programa Completo da Xornada