Escola de verán: «MOOCs e aprendizaxe en redes sociais»

Data: 
martes, 21 xullo, 2015 (Todo o día) - venres, 24 xullo, 2015 (Todo o día)
Lugar: 
Escola Técnica Superior de Enxeñería
Poñente(s): 
Idioma: 
Por confirmar
Streaming: 
Non

Entre o 21 e o 24 de xullo, terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) e no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) o curso de verán MOOCs e aprendizaxe en redes sociais, dirixido polos profesores da USC Adriana Gewerc Barujel e Manuel Lama Penín e organizado pola Rede de investigación TELGalicia. O curso estrutúrase nunha serie de relatorios, mesas redondas e talleres cos seguintes obxectivos:

  • Presentar a situación dos MOOCs e o seu impacto real no ensino actual.
  • Expor as metodoloxías de aprendizaxe máis axeitadas para a implantación dos MOOCs.
  • Amosar o impacto dos MOOCs nos roles que xogan os alumnos e os profesores no proceso de ensino.
  • Presentar as plataformas e ferramentas que facilitan a xestión e creación de MOOCs, amosando como as necesidades deste tipo de cursos requiren de novas solucións tecnolóxicas.
  • Desenvolver unha serie de talleres formativos sobre o uso de ferramentas, metodoloxías e boas prácticas que permiten a creación de MOOCs.
  • Amosar as principais iniciativas de MOOCs.

Ao longo dos catro días de curso, diferentes expertos de prestixio internacional debaterán en Santiago sobre esta temática, tratando as liñas de investigación emerxentes e os ámbitos de aplicación máis salientables. O curso contará coa presenza de investigadores de primeiro nivel como: Stephen Downes, Gráinne Conole ou Carlos Delgado Kloos, entre outros.

O curso vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en comprender o papel que xogan os MOOCs no desenvolvemento actual do ensino. Farase especial fincapé en presentar as posibilidades dos MOOCs dende o punto de vista pedagóxico, mais tamén se incidirá nas necesidades tecnolóxicas e metodolóxicas que se requiren para permitir o adecuado desenvolvemento dos cursos.

Máis información

Descargas: 
AnexoTamaño
PDF icon Cartel630.24 KB