Defensa de Tese: «Preferencias declaradas e reveladas no eido do Turismo Gastronómico en Santiago de Compostela»

Data: 
xoves, 27 xullo, 2017 -
18:00 - 20:00
Lugar: 
Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)
Poñente(s): 
Jasur Ismoilov (Investigador Predoutoral)
Idioma: 
Inglés
Streaming: 
Non

O propósito desta tese de doutoramento consiste en analizar por qué certos restaurantes e tapas son preferidos a outros polos turistas de Santiago de Compostela, cales son as preferencias iniciais de ditos turistas, cales son os factores que inflúen nas preferencias e na elección dos turistas, e cales son as diferencias na estructura de preferencias entre turistas de diferentes grupos ou clases. Como as tapas son un producto auténtico da cultura española, e tamén unha atracción do turismo gastronómico de España, a investigación céntrase principalmente no estudio das preferencias tanto sobre tapas como sobre os restaurantes que as ofertan.

Os obxectivos específicos desta tese son:

  1. Contribuir cun modelo das tres entidades principais que caracterizan ó ámbito gastronómico, identificando tanto os seus atributos como as relacións entre elas.
  2. Descubrir as preferencias turísticas sobre os restaurantes que ofrecen as tapas.
  3. Identificar as preferencias turísticas sobre as tapas.
  4. Analizar os atributos ou variables externas que inflúen sobre as preferencias, a elección e a satisfacción do turista.