Defensa de Tese: «Descubrimento de grafos en datos enlazados para a anotación semántica de documentos»

Data: 
xoves, 20 abril, 2017 -
11:00 - 13:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Estefanía Otero García (Investigadora Predoutoral)
Idioma: 
Castelán
Streaming: 
Non

O obxectivo dos sistemas de anotación semántica actuais é enlazar os termos relevantes dun texto con entidades que os representan dentro dun repositorio semántico de coñecemento. Creemos que estes sistemas pecan de falta de información, xa que enlazar un concepto a unha soa entidade non permite enmarcar a información dentro dun contexto que permita ao usuario afondar na solución.

Co gallo de mitigar este problema, propoñemos un sistema de anotación onde non só se enlacen os termos importantes dun documento con entidades dun repositorio, senón que se expanda a anotación cara a información relacionada co texto de partida, de forma que o documento inicial se vexa enriquecido.

Esta aproximación realízase desde un punto de vista innovador: representando o contido mediante un grafo de conceptos onde estean semánticamente relacionados entre sí e co contido do documento. De esta forma mellóranse procesos de recuperación e clasificación do texto, preséntase dunha forma comprensible ás máquinas o texto xerado polas persoas e, o máis importante, enriquécese o texto con enlaces cara as entidades que representan ditos conceptos.