Defensa de Tese: «Sensores de tempo de voo en tecnoloxías CMOS estándar»

Data: 
luns, 24 abril, 2017 -
11:00 - 13:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Julio Illade Quinteiro (Investigador Predoutoral)
Idioma: 
Inglés
Streaming: 
Non

Os sensores de tempo de voo (ToF polas súas siglas en inglés) son sensores 3D capaces de obter toda a información dunha escena sen necesitar unha capacidade de computación alta ou partes mecánicas. Estes sensores son de gran interese en áreas como, por exemplo, robótica, vídeo xogos, realidade virtual ou aumentada...

O obxectivo desta tese é o deseño e implementación dun sensor de tempo de voo en tecnoloxías CMOS estándar. Para iso realizouse unha análise a nivel teórico de como as distintas técnicas de tempo de voo vense afectadas polo ruído térmico e de disparo. Ademais, estudáronse as diferentes estruturas foto-sensoras dispoñibles na tecnoloxía de fabricación utilizada.

As simulacións realizadas sobre o píxel deseñado mostran a súa robustez ante luz de fondo de ata 20 klux. Isto conséguese grazas a unha nova estrutura de supresión de luz de fondo dentro do píxel. Éste tamén inclúe un circuíto que desenvolve o número de acumulacións adaptativo, que evita a saturación do píxel independentemente de canto tempo se integre o sinal.