Defensa de Tese: «Visualización avanzada e interacción aplicada a escenarios virtuais»

Data: 
martes, 18 abril, 2017 -
12:00 - 14:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Roi Méndez Fernández (Investigador Predoutoral)
Idioma: 
Por confirmar
Streaming: 
Non

As técnicas de visualización avanzada e interacción persoa-ordenador habitualmente empregadas nos mundos da realidade virtual e aumentada teñen outros moitos campos de aplicación. Nesta tese, estudiase a súa aplicación a dous destes entornos: os platós virtuais de televisión e os museos interactivos.

No primeiro caso proponse unha nova arquitectura hardware e software escalabe e distribuída que permite a inclusión áxil de novos dispositivos de cara a unha mellora da interactividade dos platós virtuais de televisión, permitindo afrontar, deste xeito, un dos retos históricos desta tecnoloxía que a día de hoxe aínda fica sen resolver. Por outro lado, realizouse un estudo de diferentes técnicas de visualización avanzada que permiten unha mellor integración entre os mundos virtual e real.

No eido dos museos interactivos, preséntanse catro desenvolvementos que fan uso de dispositivos e metáforas de interacción novidosas de cara a facelos máis atractivos para o usuario. Descríbese o proceso de deseño, implementación e posterior exhibición dos módulos expositivos en distintos museos interactivos, analizando o valor engadido aportado polas técnicas de visualización avanzada e interacción empregadas en cada caso.