Eventos

venres, decembro 14, 2018

venres, 14 decembro, 2018 -
13:00 - 14:30

Seth Benzell, investigador posdoutoral asociado ao prestixioso centro de investigación Massachusets Institute of Technology (MIT), dará unha conferencia no CiTIUS o próximo 14 de decembro na que abordará os cambios previstos sobre as forzas de traballo e a sociedade en xeral como consecuencia da automatización da economía e a transformación dixital, así como os seus efectos e os retos asociados á consolidación das novas tecnoloxías, como a Intelixencia Artificial.