«Inside the Lab»: III Xornadas de Demostración Tecnolóxica

Data: 
venres, 14 xullo, 2017 -
10:00 - 14:00
Lugar: 
CiTIUS
Poñente(s): 
Idioma: 
Por confirmar
Streaming: 
Non

Inside the Lab III será unha xornada de portas abertas dirixida a empresas, administracións e outras institucións, punto de encontro para os diferentes actores do sector tecnolóxico.

Un ano máis, a xornada de demostración tecnolóxica Inside the Lab brinda aos científicos a oportunidade de demostrar a súa capacidade de transformar resultados de investigación en tecnoloxías innovadoras, ao máis alto nivel internacional.

Ao longo da mañá (10:00-14:00) presentaranse algunhas das solucións desenvolvidas no centro, con aplicación en múltiples ámbitos da industria e a sociedade. A xornada contará tamén coa presenza de dúas spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade nas tecnoloxías de geoposicionamiento en interiores e Imagames, orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversos dominios como a formación de empregados e estudantes ou o márketing dixital.

Os interesados en participar no encontro deberán formalizar a súa inscrición na web oficial do evento antes do xoves 13 de xullo.