Mesa redonda: 'Todo o que sempre quixeches saber sobre as axudas posdoutorais e nunca te atreviches a preguntar'

Data: 
venres, 9 abril, 2021 -
10:00 - 11:30
Lugar: 
Evento virtual
Poñente(s): 
Natalia Seoane, Alejandro Catalá, Juan Martínez, Patricia Martín e Martín Pereira (Investigadores posdoutorais e egresados do CiTIUS)
Idioma: 
Castelán

Natalia Seoane (investigadora Ramón y Cajal) e Alejandro Catalá (investigador Juan de la Cierva), membros do equipo científico do CiTIUS, debaterán o vindeiro venres 9 de abril sobre axudas posdoutorais xunto aos doutores egresados do centro Juan Martínez (Situm), Patricia Martín (UDC) e Martín Pereira (USC)

O vindeiro venres 9 de abril, ás 10:00, o CiTIUS acollerá en formato virtual unha mesa redonda sobre as diferentes axudas posdoutorais públicas dispoñibles na actualidade. O acto contará coa presenza dun investigador/a (actual ou egresado/a) que teña sido beneficiario dalgunha das cinco modalidades de axudas posdoutorais, tanto en empresas coma en centros de investigación. A celebración desta mesa redonda ten como obxectivo afondar na súa experiencia para guiar aos seus colegas predoutorais á hora de solicitar estas axudas.

A mesa, moderada polo investigador vinculado ao CiTIUS Diego Cabello, porá especial énfase na participación do público, co propósito de aclarar todas as dúbidas que o persoal investigador predoutoral poida ter en relación ao seu futuro na investigación.

O encontro dará así lugar ao debullamento das seguintes convocatorias públicas:

  • Ramón y Cajal
  • Juan de la Cierva
  • Torres Quevedo
  • Axudas posdoutorais da Consellería de Educación
  • Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA)