Nanoeaters Day: EYEPRESS, Sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular

Data: 
venres, 23 novembro, 2018 -
10:00 - 11:30
Poñente(s): 
Idioma: 
Por confirmar
Streaming: 
Non

O 23 de novembro o CiTIUS acollerá unha xornada do proxecto NANOEATERS. Na xornada, que contará coa presenza de investigadores do CiTIUS e o INL de Braga, así como de representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN), presentarase EYEPRESS, un sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular que está sendo desenvolvido por investigadores destes centros no marco do proxecto europeo NANOEATERS.

NANOEATERS, financiado a través da convocatoria europea Interreg España-Portugal POCTEP, ten como obxectivo o desenvolvemento dun dispositivo implantable autónomo que permita un monitoreo constante da presión intraocular para mellorar a prevención, o control e o tratamento da enfermidade do glaucoma.

A investigación inclúe o deseño e a proba de varios chips de captación de enerxía luminosa en tecnoloxías CMOS estándar, así como sensores de presión en sistemas microelectromecánicos (Tecnoloxía MEMS). Pódese consultar máis información sobre a tecnoloxía desenvolvida neste enlace.

A continuación incluímos o programa do evento:

 

  • 10h00. Benvida institucional
    • Paulo Félix Lamas, Director Comisario. Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS)
    • María José Mariño, Directora Área de Centros. Axencia Galega de Innovación (GAIN)
  • 10h20. Proxecto Nanoeaters: transferencia e valorización de nanotecnoloxía a PEMES innovadoras (early  adopters) da Eurorrexión (Galicia-Portugal)
    • Margarita Ardao Rodíguez, Xestora de Proxectos. Axencia Galega de Innovación (GAIN)
  • 10h30. Proxecto Nanoeaters: caso de uso sistema de presión intraocular. Sensores de presión e sistemas de recolección de enerxía ambiental
    • Víctor Manuel Brea, Investigador. Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS)
    • Paulo Freitas, Investigador. International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL)
  • 10h50. Demostradores de recolección de enerxía e sistemas de medidas de presión
    • Víctor Manuel Brea, Investigador. Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS)
    • Paulo Freitas, Investigador. International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL)
  • 11h20.  Café de networking

Nesta ligazón pode descargarse o programa do evento. As inscricións realizaranse mediante o envío dun correo electrónico á dirección citius.kmt@usc.es

Descargas: 
AnexoTamaño
PDF icon agenda_eyepress.pdf221.56 KB
PDF icon technologyoffer_eyepress.pdf236.56 KB