‘De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia’
Os centros singulares de investigación da Universidade de Santiago (RCSI-USC) organizan unha mesa redonda conxunta o próximo 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
A investigación de excelencia da USC, no marco da iniciativa Ciencia Singular e a través dos seus centros singulares CiMUS, CiQUS, CiTIUS e IGFAE, diríxese novamente á sociedade para celebrar con centros educativos de toda Galicia o Día Internacional da Muller e a Nea na Ciencia 2021. En formato virtual, a actividade procura achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional co obxectivo de promover vocacións científicas. Investigadoras en fase predoutoral, postdoutoral, xefas de grupo e directivas dos catro centros singulares da USC contarán as chaves, anécdotas e logros das súas traxectorias co gallo de espertar a chamada da ciencia en nenas e mozas que decidan orientar a súa formación cara diferentes ámbitos da ciencia.
Moderada pola responsable de comunicación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Elena Mora, a mesa de debate contará coa participación de:
- Paula López, directora adxunta do CiTIUS
- María Jiménez, investigadora principal do CiQUS.
- Catarina Allegue Toscano, investigadora posdoutoral do CiMUS
- María José Gómez, investigadora predoutoral del IGFAE.
Esta actividade terá lugar a partires das 10:00 do vindeiro 11 de febreiro, xoves, e poderase seguir en directo a través de videoconferencia.
A participación nesta xornada é de acceso libre e require inscrición a través do formulario web disposto pola organización: