ObradoiroBOT: xogos cun robot móbil guiado por intelixencia artificial

Data: 
venres, 11 maio, 2012 - 11:00
Lugar: 
Escola Técnica Superior de Enxeñería
Poñente(s): 

O obxectivo xeral da actividade é que os asistentes poidan aprender algunhas das bases tecnolóxicas da robótica móbil dun xeito participativo e lúdico. Mediante diferentes talleres se lles amosarán aos participantes os fundamentos que permiten dotar a un robot móbil de capacidade sensorial, da posibilidade de realizar percorridos dun xeito intelixente ou como interactuar co robot mediante comandos visuais que guíen as súas actividades. Nos talleres utilizaranse robot móbiles reais Pioneer 3DX e 3AT, de MobileRobots.

Descargas: