Programa de Formación: «Obradoiro de Comunicación Científica»

Data: 
martes, 23 maio, 2017 -
12:00 - 14:00
martes, 30 maio, 2017 -
12:00 - 14:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Senén Barro (Investigador Principal do CiTIUS)
Idioma: 
Por confirmar
Streaming: 
Por confirmar

«Que algo se poida contar e se conte non quere dicir que conte, pero se conta e non se conta ou se conta mal, non contará en absoluto»

Se cres que é importante comunicar ben aquilo que sabes ou posúes, e cres que podes aprender da experiencia doutros e con outros, tes que vir.  Se cres que o sabes todo sobre como falar en público e nunca sentiches que unha mala presentación fíxoche quedar mal ou perder oportunidades, non veñas. Salvo que queiras pasalo ben: entón ven igual.

Este obradoiro orientarase á aprendizaxe de técnicas e ferramentas que permitan ofrecer presentacións orais de forma efectiva, incluindo o posible emprego de soportes audiovisuais. Trataranse temáticas como o uso de elementos gráficos e a presentación de información cuantitativa, así como a presentación de resultados tecnolóxicos e a comunicación adecuada co mundo da industria.