Defensa de Tese: «O recoñecemento de patróns máis aló da clasificación: un marco abdutivo para a interpretación de series temporais»

Data: 
28 de abril de 2017 - 11:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Tomás Teijeiro Campo (Investigador Predoutoral)
Idioma: 
Inglés
Streaming: 
Non

A interpretación de series temporais busca proporcionar unha explicación do observado en termos dos procesos subxacentes. O presente traballo baséase na asunción de que as aproximacións tradicionais para a interpretación de series temporais baseadas en clasificadores sofren unha serie de debilidades inherentes, cuxa causa última reside na natureza monótona do paradigma de razoamento dedutivo.

Esta tese propón unha nova aproximación a este problema, baseada na hipótese inicial de que o razoamento abdutivo é o que mellor dá conta da habilidade humana para identificar e caracterizar os patróns que aparecen nunha serie temporal. O resultado desta interpretación é un conxunto de conxecturas en forma de observacións, e organizadas nunha xerarquía de abstracción que explica o que se observou inicialmente.

Como resultado, proporciónase un framework baseado en coñecemento e un conxunto de algoritmos que implementan un ciclo de hipótese-test guiado por un mecanismo inspirado na atención humana. Como dominio de aplicación representativo, a interpretación do electrocardiograma permite destacar as fortalezas desta aproximación en comparación coas aproximacións tradicionais baseadas en clasificadores.