Programa de Formación: «Arquitectura de documentos. Curso de introducción a LaTeX»

Data: 
luns, 29 febreiro, 2016 -
17:00 - 19:00
martes, 1 marzo, 2016 -
17:00 - 19:00
mércores, 2 marzo, 2016 -
17:00 - 19:00
xoves, 3 marzo, 2016 -
17:00 - 19:00
Lugar: 
Salón de Actos
Poñente(s): 
Diego Rodríguez (ITMATI - Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial)
Idioma: 
Castelán
Streaming: 
Non

O CiTIUS abre o prazo de inscrición do curso de LaTeX que terá lugar no centro a partir do luns 29 de febreiro. O curso estará aberto a toda a comunidade da Universidade de Santiago de Compostela, ata un límite de 30 prazas.

Os interesados en participar nesta actividade formativa deberán contactar coa Unidade de Innovación do CiTIUS antes do venres 26 ás 12h, a través da conta de correo citius.idi@usc.es.

Obxectivos do curso

O obxectivo principal deste curso introductorio é que o alumno coñeza a filosofía e os fundamentos lóxicos de LaTeX para poder traballar de xeito autónomo con este sistema de composición de textos. Así mesmo, este curso proporciona os coñecementos básicos para elaborar documentos de carácter científico, como artigos ou teses doctorais, ademais de contemplar o seu uso noutro tipo de formatos e elementos, como poden ser presentacións ou gráficos. Tamén se proporcionarán os recursos precisos para que o alumno poida profundizar en diferentes aspectos da linguaxe e se desenvolva de xeito autónomo.

Características

  • Duración: 8 horas (4 sesións de 2 horas)
  • Material profesor: proxector
  • Material alumnos: navegador web, conta de correo
  • Idioma: galego
  • Coñecementos previos: manexo básico dun sistema informático

Contidos

1. "Os ladrillos" (2 horas)

  •      Reglas básicas
  •      Estrutura física e lóxica
  •      Formato do texto
  •      Elementos con formato

2. "Facendo casas" (2 horas)

  •      Elementos flotantes
  •      Aspectos globais dun documento
  •      Deseño da páxina

3. "Construíndo edificios" (2 horas)

  •      Automatizando tarefas
  •      Xerando bibliografía
  •      Matemáticas

4. "Deseño de interiores" (2 horas)

  •      Presentacións con Beamer
  •      Código/Pseudocódigo
  •      Gráficos con Tikz
  •      Verbatim