Presentación da tecnoloxía «Google Glass»

Data: 
xoves, 24 abril, 2014 -
12:30 - 13:45
Lugar: 
Salón de actos
Poñente(s): 
Andreu Ibáñez (CBDO de «Ponent 2002»)

O CiTIUS acollerá o próximo xoves a presentación dos populares lentes interactivos da compañía tecnolóxica Google. A demostración terá lugar no salón de actos do centro e correrá a cargo de Andreu Ibáñez, director do proxecto Mundo Glass e membro da comunidade de desenvolvedores Glass Lleida Developers, unha iniciativa da empresa Ponent 2002 e outros desenvolvedores asociados para desenvolver aplicacións implementables nesta nova plataforma da empresa estadounidense.

Ao longo da conferencia -que terá unha duración aproximada dunha hora-, Ibáñez falará de diferentes aspectos técnicos e comentará algúns dos proxectos nos que traballa, como Liquid Galaxy, en virtude do cal mantén unha relación dende hai anos coa central de Google en California.