Presentación de TORUS Software Solutions

Data: 
xoves, 11 setembro, 2014 -
11:30 - 13:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Guillermo López Taboada (CEO & Co-fundador de TORUS e investigador do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC)

TORUS Software Solutions é unha empresa de solucións de software de comunicacións ultrarrápido, que permite acelerar aplicacións en contornas onde o rendemento é crítico, en especial nos eidos financeiros, de telecomunicacións e enerxía. TORUS é unha Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) recoñecida como tal pola Universidade da Coruña en marzo de 2013. TORUS está participada pola UDC e a Fundación Barrié, así como por investigadores do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC.

Na súa curta traxectoria, TORUS recibiu numerosos premios e recoñecementos, tales como gañador do HiPEAC Top Tech Transfer 2013, gañador do UKTI 2013 Spain Technology Competition, e gañador do Emprendedor XXI LaCaixa - Galicia. Na actualidade TORUS investiga en solucións escalables para Big Data coa vista posta en aplicacións na Internet das cousas (IoT).

CEO

Guillermo López Taboada é Enxeñeiro en Informática (2002) e Doutor con mención europea en Enxeñería Informática (2009). Desenvolveu toda a súa vida profesional realizando I+D en computación e comunicacións de altas prestaciones, primeiro dende a Universidade da Coruña (UDC), onde foi profesor entre 2006 e 2014, e nos últimos anos dende TORUS, spin-off especializada en computación e comunicacións de altas prestacións. Guillermo é ademais o inventor das tecnoloxías de comunicacións ultrarrápidas de TORUS.