Presentación: «Oficina de Software libre do CIXUG»

Data: 
mércores, 10 outubro, 2018 -
12:00 - 13:30
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Enrique Estévez Fernández - 'Keko' (Oficina de Software libre do CIXUG)
Idioma: 
Galego
Streaming: 
Non

O enxeñeiro Enrique Estévez Fernández presenta o vindeiro mércores no CiTIUS a Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG.

Presentación sobre a Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG (Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria a través de sinerxias entre as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo).

Programa

  • A OSL do CIXUG: que é e quen está detrás.
  • Plataforma de teleformación: cursos de balde, solicitudes para a subida de novos cursos creados por investigadores, e creación de novos materiais didácticos (encargos e contratacións).
  • Formación presencial: cursos,xornadas, seminarios e obradoiros.

Sobre o relator

Enrique Estévez Fernández, (máis coñecido no eido do Software Libre como 'Keko'), é enxeñeiro informático  e ten un Máster de consultoría de Software Libre pola Universidade de Vigo.

Traballa como coordinador da Oficina de Software Libre do CIXUG e traballou como coordinador da OSL da USC.

É o coordinador da localización ao galego dos produtos de Mozilla e un dos mantedores da tradución ao galego da plataforma de teleformación Moodle.