Programa de Formación: «Curso de métodos estatísticos dirixido ao estudo de tests paramétricos e non paramétricos»

Data: 
martes, 27 novembro, 2018 -
12:00 - 14:00
martes, 4 decembro, 2018 -
12:00 - 14:00
martes, 11 decembro, 2018 -
12:00 - 14:00
martes, 18 decembro, 2018 -
12:00 - 14:00
martes, 8 xaneiro, 2019 -
12:00 - 14:00
venres, 11 xaneiro, 2019 -
12:00 - 14:00
martes, 15 xaneiro, 2019 -
12:00 - 14:00
venres, 18 xaneiro, 2019 -
12:00 - 14:00
martes, 22 xaneiro, 2019 -
12:00 - 14:00
venres, 25 xaneiro, 2019 -
12:00 - 14:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Beatriz Pateiro López (Doutora y profesora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización)
Idioma: 
Por confirmar
Streaming: 
Por confirmar

OBXECTIVOS DO CURSO

Neste curso preténdese explicar os métodos máis importantes de inferencia estatística básica, especialmente focalizados ao caso dos contrastes de hipóteses paramétricos e non paramétricos. O enfoque será de carácter aplicado con ilustración sobre datos de interese e manexo da ferramenta estatística R.

CONTIDOS

  1. Análise exploratorio de datos. (2h)
  2. Revisión sobre os métodos de estimación puntual. Métodos de estimación de máxima verosimilitude. (2h)
  3. Terminoloxía de contrastes de hipóteses. (1h)
  4. Métodos de construción de contrastes de hipóteses. Test da razón de verosimilitudes. (2h)
  5. Aplicacións do test da razón de verosimilitudes: (4h)
    1. Aplicación ao caso de mostras gaussianas
    2. Test de bondade de axuste chi-cadrado
    3. Test de homoxeneidade
    4. Test de independencia
  6. Test clásicos non paramétricos: Test de Mann-Whitney-Wilcoxon, Test de Kruskal-Wallis, Test dos signos, Test de Friedman, …. (5h)
  7. Test baseados na idea do bootstrap (2h)
  8. Test ligados a comparacións múltiples (2h)

METODOLOXÍA

O curso ten un enfoque práctico. A partir do primeiro capítulo de análise exploratoria de datos, utilizaranse os mesmos como motivadores para a introdución dos diversos contrastes e irase mostrando a implementación dos mesmos no computador coa axuda de R.

SOBRE A RELATORA

Beatriz Pateiro López é profesora contratada doutora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No presente curso académico imparte materias do Grao en Matemáticas, Grao en Medicina, Máster en Técnicas Estatísticas e Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data. Pertence ao grupo de investigación ‘Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións’ da USC. É autora de varios artigos científicos en revistas de impacto e participa como investigadora en proxectos de investigación. Entre xaneiro de 2015 e xuño de 2017 foi vicedecana da Facultade de Matemáticas e desde xuño de 2017 ocupa o cargo de secretaria.