Programa de Formación: «Seminario: Aproximación ao Open Access»
O obxectivo principal deste seminario é que o alumnado se aproxime ao concepto do Acceso Aberto: que é, cales son os seus beneficios e cales son as obrigas de acceso aberto de acordo ao marco normativo aplicable e os organismos de financiamento.
Neste curso pretendemos:
- Proporcionar formación xeral sobre o acceso aberto.
- Proporcionar información sobre as políticas e mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento de proxectos de investigación.
- Proporcionar unha visión xeral sobre o funcionamento do repositorio MINERVA.
CONTIDOS
- Acceso aberto: conceptos básicos
- Publicación en acceso aberto (Ruta dourada).
- Difusión en repositorios (Ruta verde).
- Políticas e mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento.
- Minerva, repositorio institucional da USC. Autoarquivo en Minerva.
A Xornada terá unha duración de 1 h. Consistirá nunha exposición teórica sobre os conceptos básicos do acceso aberto e a presentación de Minerva.
SOBRE A RELATORA
Cristal Martínez Pousa, axudante da Biblioteca Universitaria da USC. Encargada da xestión de Minerva, Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela e do asesoramento a persoal docente e investigador en materia de acceso aberto e propiedade intelectual.