Programa de Formación: «Validación de Experimentos: a era post pᐸ0.05»

Data: 
martes, 12 xullo, 2016 -
17:00 - 18:30
Lugar: 
Salón de Actos
Poñente(s): 
Ismael Rodríguez Fernández (Data Scientist Senior en HPE)
Idioma: 
Castelán

O pasado mes de marzo, a American Statistical Association fixo unha declaración sobre o mal uso do p-valor na validación experimental por parte da comunidade científica, desaconsellando o seu uso na maioría de casos.

Neste relatorio repasaremos a metodoloxía tradicional de validación experimental nas Ciencias da Computación remarcando as súas fortalezas e debilidades.

Asemade, introduciranse as alternativas ao p-valor que máis forza están a coller así como as ferramentas existentes que soportan o seu uso.