Programa de Formación: «Visibilidade da produción científica»

Data: 
xoves, 16 novembro, 2017 -
09:30 - 11:30
xoves, 16 novembro, 2017 -
12:00 - 14:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
Andrés Pandiella (Universidade Carlos III, Madrid)
Idioma: 
Castelán
Streaming: 
Non

Obradoiro impartido polo investigador Andrés Pandiella (Universidade Carlos III).

Este obradoiro ofrecerá aos asistentes ferramentas teóricas e prácticas que permitan coñecer, aplicar e valorar técnicas de avaliación da I+D+i. Ao longo das dúas sesións que conforman o curso, presentaranse as diferentes fontes de información de utilidade para recoller e analizar publicacións científicas do seu ámbito de interese, ademais de mostrar cómo construir e analizar críticamente indicadores bibliométricos e cienciométricos.

Contidos

  • Bases de datos xeralistas e multidisciplinares (Web of Science e SCOPUS), cobertura, vantaxes e limitacións.
  • Bases de datos especializadas na área das Tecnoloxías da Información, vantaxes e limitacións.
  • Congresos / Ranking de congresos
  • ¿Qué información ofrecen as diferentes fontes? (comparación e discusión)
  • Tipoloxías de publicación (vantaxes e limitacións)
  • Colaboración na área das Tecnoloxías da Información? (medianas de co-autoría, colaboración internacional, principais socios)
  • Creación de perfís
  • Sinaturas / Normalización institucional
  • Redes sociais de autores
  • Indicadores altimétricos
  • Estratexias para incrementar impacto (o número de citas/etc.)

O segundo bloque temático, desde unha perspectiva máis especializada, abordará os seguintes puntos:

  • Definir as TIN: Estratexias de busca
  • Fontes e metodoloxías máis usadas para a avaliación
  • Axentes produtores (autores, institucións e países)
  • Indicadores de impacto e visibilidade
  • Busca bibliográfica en diferentes bases de datos
  • Técnicas bibliométricas para a identificación de temáticas TIN
  • Descarga de publicacións pertinentes segundo as características de cada fonte
  • Construción de táboas coa información recuperada
  • Elaboración de indicadores
  • Interpretación de datos para a elaboración de informes
  • Visualización de información (ferramentas e programas)

Sobre o poñente

Andrés Pandiella é doutor polo Departamento de Psiquiatría da Universidade Autónoma de Madrid, no que desenvolveu actividades de docencia e investigación en historia e teoría da ciencia desde 2007 ata mediados de 2013. A partir deste ano, coa súa inclusión no Laboratorio de Estudios Métricos da Información, especializouse na bibliometría e a avaliación da actividade investigadora a través de diferentes actividades de investigación desenvolvidas na Universidade Carlos III de Madrid dentro da recén creada Unidade de Rankings e, posteriormente, dentro do Instituto para a Avaliación da Ciencia e a Universidade (INAECU). Entre elas, destacan os proxectos realizados para a creación dun servizo de apoio ás universidades públicas para a súa participación nos rankings internacionais así como a análise sobre o posicionamento das universidades españolas nos rankings internacionais.

Actualmente atópase vencellado a diferentes proxectos de investigación como o da realización do Mapa de Coñecemento da Universidade Española; ou os dous proxectos do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade: a) Novos horizontes en investigación e innovación para a sostibilidade enerxética e o transporte no medio ambiente urbano e b) Detección de novos frontes de investigación e innovación en eficiencia enerxética en España.