SISTEDES 2022: 'Xornadas da Sociedade de Enxeñería de Software e Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software'

Data: 
luns, 5 setembro, 2022 - 09:00 - mércores, 7 setembro, 2022 - 20:00
Lugar: 
Hotel OCA Puerta del Camino
Poñente(s): 
Múltiples relatores (Múltiples afiliacións)
Idioma: 
Castelán
Streaming: 
Por confirmar

5-7 setembro 2022 | Santiago de Compostela

A Sociedad de Ingeniería del Software y Tecnologías de Desarrollo del Software (SISTEDES) é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en 2005 co principal obxectivo de contribuír ao desenvolvemento científico e tecnolóxico do noso país na área da Enxeñería do Software e as Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software, así como de promover a investigación, a innovación e a transferencia de tecnoloxía entre a academia e a empresa para o avance destas disciplinas.

SISTEDES organiza cada ano unhas xornadas científicas que engloban conferencias sobre Enxeñería do Software e Bases de Datos (JISBD), Ciencia e Enxeñaría de Servizos (JCIS) e Programación e Linguaxes (PROLE). É polo tanto como a agrupación de tres congresos nun so evento. As xornadas, que levan realizándose de maneira ininterrompida con este formato desde o ano 2001 constitúen un importante referente e punto de encontro a nivel nacional de toda a comunidade española que traballa nas áreas de Enxeñería do Software e as Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software.

O congreso reunirá a máis de 200 investigadores/as dos grupos de investigación mais potentes das universidades españolas en formato presencial, e en torno a 50 en formato online. As xornadas terán lugar en Santiago de Compostela entre o 5 e o 7 de setembro.

Na edición 2022, o Comité Organizador estará formado polos investigadores do CiTIUS José M. Cotos Yañez, José R. Ríos Viqueira, Manuel Lama Penín e José A. Taboada González, apoiados polos membros de grupo de investigación COGRADE e polo persoal de apoio do CiTIUS.

Mais información