Xornada de presentación da Oficina Europea de Patentes

Data: 
luns, 29 setembro, 2014 -
09:00 - 18:00
Lugar: 
Salón de Actos do CiTIUS
Poñente(s): 
José Santacroce, Director - C. Quesson e N. González, examinadores (Oficina Europea de Patentes)
Idioma: 
Inglés
Streaming: 
Non

A EPO (European Patent Office – Oficina Europea de Patentes) celebrará no CiTIUS unha xornada de presentación o próximo 29 de setembro, co obxectivo de dar a coñecer o labor da organización e as oportunidades de traballo que ofrece.

A Oficina Europea de Patentes é unha organización internacional na que traballan preto de 7000 persoas de 31 nacionalidades diferentes, das cales, en torno a 4000 son examinadores de patentes. Ten as súas sedes en Múnic, A Haia e Berlín, e os idiomas oficiais de traballo son o inglés, o francés e o alemán.

No acto, explicarase o labor desta institución, o traballo como examinador da EPO e as oportunidades de traballo que ofrece, nunha contorna estimulante e internacional, á vangarda da tecnoloxía e con amplas oportunidades de desenvolvemento profesional.

A xornada está dirixida principalmente a estudantes, graduados ou doutorandos de disciplinas técnicas como Bioloxía, Física, Matemáticas, Química e Enxeñerías. Trala presentación, os asistentes que así o desexen terán a oportunidade de realizar unha entrevista informal co persoal da Oficina Europea de Patentes, que cada ano recruta en torno a 200 novos examinadores. As persoas interesadas deberán enviar o seu CV en formato Europass ou no modelo adxunto baixo estas liñas, a un dos seguintes enderezos de correo: citius.idi@usc.es ou recruitmenteventepo@gmail.com, até o venres 26 de setembro.

As pre-entrevistas realizaranse no idioma oficial da EPO elixido polo candidato, e nelas analizaranse brevemente as habilidades técnicas e o nivel de idiomas dos participantes; non se require experiencia previa, aínda que esta será valorada favorablemente. Ao finalizar a entrevista, os representantes da EPO poderán convidar ao candidato a solicitar o traballo de xeito oficial, ou facerlle algunha suxestión de mellora do seu CV para aumentar as súas posibilidades de contratación.

Programa

9:00 - 9:10        Introdución

9:10 - 9:35        A Oficina Europea de Patentes (EPO)

José Santacroce, Director da Oficina Europea de Patentes.

9:35 – 10:15:        O traballo de examinador de patentes na EPO

C. Quesson y N. González (examinadores de patentes na Oficina Europea de Patentes).

10:45 – 13:30:        Primeira sesión de entrevistas individuais

15:00 – 17:30        Segunda sesión de entrevistas individuais

Descargas: 
AnexoTamaño
Ficheiro CV_model.odt10.4 KB