Comprometidas coa divulgación

Dúas investigadoras do CiTIUS participan na iniciativa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’, posta en marcha desde o Concello de Santiago de Compostela co propósito de tirar o interese das estudantes máis novas pola ciencia e as carreiras técnicas.

Un xogo de nenos

Pola súa banda, Paula López (cuxo traballo no CiTIUS abrangue o deseño de circuítos integrados para aplicacións de procesado de imaxes e o modelado físico de dispositivos electrónicos e sensores de imaxe) baseou a súa intervención nun obradoiro teórico-práctico titulado 'A programación é cousa de nenos', ao longo do cal se esforzou en transmitir aos estudantes a importancia da programación no mundo actual; deste xeito, programou unha actividade baseada no uso de Scratch, un software específico de programación destinado aos máis pequenos, desenvolvido polo Grupo Lifelong Kindergarten do Laboratorio de Medios do MIT (Mit Media Lab) co obxectivo de fomentar a creatividade dos nenos, o razoamento sistemático e o traballo colaborativo.