Enric Trillas, investido Doutor Honoris Causa pola USC

O catedrático da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) convértese así no primeiro Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela nas Tecnoloxías da Información

 

Enric Trillas, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) o pasado venres 17 de xuño, nun acto que tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

A candidatura de Trillas, proposta polo Departamento de Electrónica e Computación (DEC) e apadriñada polo Profesor Senén Barro, fundamentouse na súa «indubidable valía científica e docente e a súa constante dispoñibilidade a colaborar coa USC en todas cantas iniciativas se lle teñen proposto», como demostra a súa intensa relación académica e científica coa USC e, en particular, co CiTIUS.

O recoñecemento ao Profesor Trillas supón a concesión da máis importante honra académica a unha das figuras máis relevantes a nivel internacional no campo das Ciencias da Computación (máis concretamente, no ámbito da lóxica borrosa) e establece un nuevo fito neste ámbito, ao converterse no primeiro Doutor Honoris Causa que a Universidade de Santiago de Compostela concede nalgunha das disciplinas relacionadas coas Tecnoloxías da Información (TI).