María Bugallo recibe o premio Almirall do Instituto de Estatística de Cataluña e a Universidade Autónoma de Barcelona por un traballo de estatística aplicada

A investigadora foi recoñecida no marco do ‘XIX Concurso STUDENT d’Estadística Aplicada’ por un traballo baseado na paradigma de atención, no que conseguiu completar un cribado de pacientes con fibrilación auricular mediante a clasificación automática de rexistros de electrocardiograma.

A investigadora do CiTIUS María Bugallo vén de recibir o Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística por  unha contribución titulada ‘Redes neuronais baseadas na paradigma de atención: Cribado de fibrilación auricular mediante a clasificación automática de rexistros de electrocardiograma’. A científica do centro recolleu o premio durante o XIX Concurso Student de Estatística Aplicada, unha actividade organizada no marco do Día da Estatística de Cataluña.

Trátase dun concurso organizado anualmente polo Servizo de Estatística Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), coa colaboración do Instituto de Estatística de Cataluña (IDESCAT). A iniciativa xorde como un impulso para potenciar entre a comunidade universitaria o interese investigador no ámbito da estatística.

[Imagen de la pantalla de un televisor Descripción generada automáticamente con confianza media] [Cuadro de texto: María Bugallo, durante a presentación do traballo premiado.] A través deste concurso, ámbalas dúas institucións tratan de promover o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre o alumnado das diferentes universidades do país, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos, tanto entre a comunidade universitaria como de cara a público xeneral.

O Premio Almirall chega tras superar o reto proposto pola organización do concurso, un desafío no que as persoas aspirantes tiñan que realizar unha análise sobre un conxunto de datos relacionado cun problema real, ao que debían dar solución mediante un traballo inédito e de temática libre. María Bugallo non o dubidou: «Son bastante decidida», chancea. «Pensaba que a nosa idea era orixinal e interesante, así que non dubidei en comentárllelo ao meu supervisor». Unha proposta que acabou por imporse no concurso, debullando un sistema de redes neuronais para o cribado de pacientes con fibrilación auricular, que finalmente foi recoñecido como mellor traballo en bioestatística.

«Cando presentei o traballo, nin esperaba nin descartaba gañar, porque, en realidade, sabía que gañaba das dúas formas: o documento e as correccións de Paulo Félix, o meu supervisor, axudáronme moito como material de apoio na redacción do meu traballo de fin de máster», explica. «Estou moi agradecida ás institucións organizadoras, é gratificante sentir que o esforzo, dificilmente valorado en moitos casos, proporciona tamén recompensas», afirma a investigadora do CiTIUS.