Mesa redonda 11F: ‘De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia’

Os centros singulares de investigación da Universidade (RCSI-USC) organizan unha mesa redonda conxunta o próximo 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A investigación de excelencia da USC, no marco da iniciativa Ciencia Singular e a través dos seus centros singulares CiMUS, CiQUS, CiTIUS e IGFAE, diríxese de novo á sociedade para celebrar cos centros educativos de toda Galicia o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021. En formato virtual, a actividade busca achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional, co obxectivo de promover vocacións científicas entre as rapazas novas.

Investigadoras en fase predoutoral, posdoutoral, xefas de grupo e directivas dos catro centros singulares da USC contarán as claves, anécdotas e logros das súas traxectorias, a fin de espertar a chamada da ciencia en nenas e mozas que decidan orientar a súa formación cara a diferentes ámbitos da ciencia.

Moderada pola responsable de comunicación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Elena Mora, a mesa de debate contará coa participación de:

  • Paula López, directora adxunta do CiTIUS
  • María Giménez, investigadora principal do CiQUS.
  • Catarina Allegue Toscano, investigadora posdoutoral do CiMUS.
  • María José Gómez, investigadora predoutoral do IGFAE.

Esta actividade terá lugar a partir de as 10:00 do próximo 11 de febreiro, xoves, e poderase seguir en directo a través de videoconferencia.

A participación na xornada é de acceso libre e require Inscribirse a través do  formulario web disposto pola organización:

INSCRIBIRSE NESTA XORNADA