Oferta de traballo no CITIUS

Ofertamos un contrato de traballo a tempo completo asociado ao desenvolvemento de contidos para a difusión na web do CITIUS con data de inicio prevista o 1 de setembro.

O/A candidato/a seleccionado/a desempeñará tarefas de:

  • Desenvolvemento e redacción de contidos web en galego, castelán e inglés
  • Recompilación e envorcado de información na web do CITIUS
  • Mellora do posicionamento nos buscadores
  • Análise do impacto da web

Para mais detalles sobre a oferta ver o seguinte arquivo. Os/As interesado/as podedes enviar o currículo vía e-mail a: citius.idi@usc.es ata o 19 de agosto inclusive.