Oferta de traballo no CITIUS (PECHADA)

O PROCESO DE SELECCIÓN XA CONCLUIU. NON SE ACEPTARÁN MÁIS CANDIDATURAS PARA ESTA OFERTA

Ofertamos un contrato de traballo a tempo completo asociado ó desenvolvemento das plataformas web de apoio á investigación e difusión do centro.

Requisitos mínimos para presentación do candidato

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:

    • Graduado en Informática
    • Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
    • Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos
  • Coñecementos da linguaxe PHP e JavaScript con Jquery.

  • Coñecementos dos estándares HTML e CSS.

    Habilidades valorables

  • Coñecementos das linguaxes Perl, Ruby, Python e Bash.

  • Experiencias con software desenvolvido utilizando arquitecturas SaaS.

  • Soltura no manexo de sistemas GNU/Linux.

  • Capacidade de organización do traballo.

  • Toma de decisións e iniciativa propia.

  • Compromiso cos obxectivos da organización.

    Tarefas a desenvolver

  • Desenvolvemento dun sistema de xestión da información para a organización, tomando como punto de partida unha base de datos xa existente, en funcionamento e documentada.

  • Integración do sistema de información desenvolto coa páxina web do centro, que conta actualmente cunha implementación temporal.

  • Desenvolvemento dun novo tema visual para a páxina web do centro, feita en Drupal, acorde coa nova liña gráfica.

  • Continuar desenvolvendo solucións web segundo as necesidades do centro e colaborar no mantemento dos sistemas actuais en funcionamento.

    Tedes máis información no documento adxunto. Os interesados ou interesadas podedes enviar o voso currículo mediante correo electrónico a citius.tic@usc.es ata o día 20 de Decembro de 2012.