A spin-off do CiTIUS ' InVerbis' recibe o apoio do fondo 'Unirisco', que investirá máis de 100.000€ na compañía
A sociedade de capital risco impulsada polas universidades e principais empresas de Galicia anuncia un investimento de máis de 100.000€ na empresa ‘InVerbis Analytics’, unha startup para a optimización intelixente de procesos empresariais creada no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS).
Unirisco, a primeira sociedade de capital risco universitaria creada co fin de apoiar a empresas que xorden do coñecemento xerado na universidade, a través de operacións de investimento temporal e outros instrumentos financeiros, vén de anunciar publicamente a súa participación na startup InVerbis Analytics, unha compañía de base tecnolóxica xurdida da investigación realizada no CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela). A noticia fíxose pública hoxe mércores, e suporá unha inxección de 100.000€ no capital da empresa de recente creación.
A directora xeral da sociedade, Inmaculada Rodríguez Cuervo, afirmaba nun comunicado que «esta alianza mostra o compromiso de Unirisco co desenvolvemento do talento tecnolóxico en Galicia, co apoio aos proxectos en Intelixencia Artificial e coa continuidade dun proxecto que naceu hai máis de 20 anos, sendo a única empresa de capital risco vinculada ás Universidades».
Así mesmo, quixo subliñar a aposta da organización co mundo da innovación e a tecnoloxía, asegurando que Unirisco continuará avanzando nesa liña: «nós queremos reafirmar o noso compromiso con estes proxectos, que seguiremos apoiando; e por suposto, o compromiso de dar a coñecer InVerbis, para ir xerando unha visibilidade máis que necesaria», explicou.
‘InVerbis’: descubrir canto e onde mellorar os procesos
InVerbis é unha plataforma de minería de procesos que permite identificar, medir e monitorizar o potencial de mellora dos procedementos e operacións en calquera tipo de organización. É un proxecto español baseado en Galicia, froito da investigación realizada no CiTIUS da USC, e que contou co apoio económico do programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, posto en marcha en colaboración coa Fundación Barrié.
«A plataforma presenta a opción máis flexible do mercado internacional, tanto para análise de procesos como para integracións con outras aplicacións de negocio: ERP, Business Intelligence, etc.». Gonzalo Martín, CEO de InVerbis , explica os fundamentos tecnolóxicos da empresa: «a minería de procesos aplica a Intelixencia Artificial para descubrir a execución real das actividades das empresas, de tal xeito que poden detectarse todas as alternativas empregadas para obter o mesmo resultado, e identificar a causa raíz que explique por que os indicadores clave de rendemento de certas actividades presentan desviacións».
Unirisco, unha alianza estratéxica
Unirisco é unha sociedade de capital risco privada, cuxo principal propósito é acelerar a transferencia de coñecemento á sociedade a través do apoio á creación de spin-offs de base científica e tecnolóxica.
Desde a súa creación, Unirisco ten como misión o apoio a proxectos disruptivos creados no seo das universidades e enfocados a solucionar problemas existentes no mercado. Condicións que, en palabras da máxima responsable da sociedade, acaecen sobradamente no caso desta nova aposta: «InVerbis representa unha achega valiosísima ás empresas e organizacións que contan con procesos complexos, e que poden atopar na Intelixencia Artificial unha resposta aos seus retos de transformación dixital», conclúe Rodríguez Cuervo.apital riesgo impulsada por las universidades y principales empresas de Galicia anuncia una inversión de más de 100.000€ en la empresa ‘InVerbis Analytics’, una startup para la optimización inteligente de procesos empresariales creada en el Centro Singular de Investigación en Tecnologías Inteligentes de la Universidad de Santiago de Compostela (CiTIUS).