Noticias

martes, 7 xullo, 2020 - 15:09
Os investigadores adscritos ao CiTIUS coordinarán a edición especial do número 'Large Scale Geospatial Data Management, Processeng and Mining' xunto á científica Aurora Cuartero, da Universidade de Estremadura. Os investigadores adscritos ao CiTIUS José Ramón Ríos Viqueira e Manel Cotos participarán como ‘guest editors’ nunha edición especial da revista internacional ISPRS IJGI (International Journal of Geo-Information), tras aceptar recentemente a proposta desta publicación científica do grupo MDPI (Multidisciplinary Dixital Publishing Institute). Xunto á investigadora Aurora Cuartero, da Escola Politécnica da Universidade de Estremadura, ámbolos dous científicos do centro coordinarán a elaboración do novo número, titulado 'Xestión, procesamento e minería ...
martes, 23 xuño, 2020 - 09:30
O centro abre o prazo para a recepción de expresións de interese no marco dunha nova convocatoria para a adscrición de persoal investigador adscrito ao CiTIUS. O CiTIUS lanza unha nova convocatoria para a adscrición de persoal investigador adscrito, que estará suxeito a unha avaliación continua e rigorosa para determinar a súa permanencia no centro. A convocatoria está dirixida ao Persoal Docente e Investigador (PDI) e aos investigadores Ramón y Cajal da Universidade de Santiago de Compostela (USC), sempre que acrediten un alto nivel de publicacións relacionadas coas principais áreas temáticas do CiTIUS e unha probada capacidade para a captación de recursos externos. Presentación de solicitudes de adscrició...
luns, 22 xuño, 2020 - 12:56
El CiTIUS colabora con la Xunta de Galicia en la organización del primer hackathon online de la comunidad, que pretende involucrar a empresas tecnológicas, universidades y personas innovadoras con el objetivo de encontrar soluciones a problemas derivados de la crisis provocada por el Covid-19. Cuatro días de trabajo intenso en remoto, junto con actividades paralelas online y el pitching final de proyectos. El CiTIUS colabora en la iniciativa #HackAtHome promovida por la Xunta de Galicia, un hackathon desarrollado íntegramente en línea que tendrá lugar del 27 al 30 de junio. Los proyectos que se planteen deben dar una respuesta innovadora y tecnológica a los cinco retos principales propuestos por las empresas y organismos colaboradores ...
martes, 9 xuño, 2020 - 15:19
Compostela recibe o ‘Premio X Aire Limpio’ na segunda edición destes galardóns, en recoñecemento á cidade menor de cen mil habitantes máis comprometida coa calidade do aire. O xurado distingue así o carácter innovador do proxecto de investigación TRAFAIR (Understanding Traffic Flows to Improve Air Quality), desenvolvido en colaboración co CiTIUS. Santiago de Compostela vén de ser distinguida como a cidade menor de cen mil habitantes máis comprometida coa calidade do aire no seu ambiente polo xurado do II Premio X Aire Limpio, promovido pola Plataforma X Aire Limpio. Recoñécese así o carácter innovador e colaborativo do proxecto TRAFAIR (Understanding Traffic Flows to Improve Air Quality), un ...
luns, 8 xuño, 2020 - 15:14
O Comité Organizador da 24º edición de ECAI (‘Conferencia Europea en Intelixencia Artificial’, polas súas siglas en inglés), anunciou hoxe a celebración en versión dixital deste congreso a partir do 29 de agosto. O encontro de refererencia mundial, organizado polo CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), desenvolverase como un evento dixital por primeira vez no seu medio século de historia. Os organizadores da 24ª European Conference on Artificial Intelligence (ECAI) anunciaron hoxe que o congreso científico bienal de referencia en Europa terá lugar nas datas previstas -finais de agosto-, pero nun formato dixital. «É a primeira vez que este congreso se ...
mércores, 3 xuño, 2020 - 09:19
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC presenta o seu novo Plan Estratéxico para o próximos catro anos, fundamentado sobre oito eixos principais de actuación que guiarán as decisións chave ata 2023. «Hai agora un ano, o CiTIUS decidiu especializarse en Tecnoloxías Intelixentes. A nosa ambición é ser un referente internacional nun ámbito que transformará o noso mundo como ningún outro avance ou desenvolvemento tecnolóxico no pasado. Queremos que a nosa investigación sexa transcendente, e transmitila e transferila co maior impacto posible». Con este prefacio a cargo do seu director científico, Senén Barro, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxí...
mércores, 27 maio, 2020 - 23:21
O director científico do CiTIUS da USC obtén o prestixioso galardón ‘José García Santesmases’ en recoñecemento á súa traxectoria profesional, «polas súas achegas de gran calidade ao campo da intelixencia artificial e á transferencia do coñecemento». Premio Nacional de Informática: o director científico do CiTIUS, Senén Barro, foi galardoado cun do tres Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España (SCIE) – Fundación BBVA 2020 fallados este martes polo xurado da cuarta edición, reunido por videoconferencia. Barro, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial (IA) na Universidade de Santiago de Compostela (USC), obtivo o Premio José García ...
venres, 17 abril, 2020 - 14:03
A científica, adscrita ao CiTIUS desde a súa creación e profesora titular da USC, lidera a participación da institución no proxecto europeo ‘MENELAOS_NT’, unha das dúas redes H2020 European Training Networks (ETNs) obtidas polo Centro en 2019 Paula López, doutora en Física e investigadora adscrita ao CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago), vén de ser designada oficialmente nova directora adxunta. Deste xeito, a científica acompañará no liderado do Centro ao catedrático da USC Senén Barro, designado como director científico en maio de 2019. O nomeamento prodúcese tras unha década de crecemento e consolidación do ...