Admisións

O CiTIUS caracterízase por ser un centro de investigación aberto e innovador que aposta pola captación de talento. O centro está formado por investigadores en diferentes etapas da súa carreira investigadora, dende recentemente graduados ata investigadores senior. Xuntos formamos un equipo multidisciplinar con ilusión e capacidade para afrontar novos retos científicos e tecnolóxicos.

Moitos investigadores do CiTIUS obtiveron bolsas en convocatorias competitivas nacionais e internacionais. Se desexas unirte ao noso equipo non dubides en contactar con nós.

Investigadores

Senior

O PDI da USC pode ser membro do CiTIUS solicitando a súa adscrición e superando o proceso de avaliación da Comisión Científica Externa. O PDI de calquera universidade pode integrarse no CiTIUS como Colaborador Externo.

Postdoutorais

Se desexas continuar a túa carreira investigadora no CiTIUS, contacta con nós e asesorarémoste sobre as posibilidades de incorporación no Centro, a través de proxectos de I+D ou mediante bolsas de RRHH nacionais ou europeas.

Predoutorais

Buscamos frecuentemente investigadores mozos que desexen realizar a tese nalgunha das nosas liñas de investigación. Podes incorporarte a un proxecto de I+D ou cunha bolsa para o financiamento de persoal investigador.

Alumnos

Prácticas

Dende o CiTIUS ofertamos todos os anos prácticas laborais para investigadores mozos en varias liñas de investigación do noso centro.

Traballos Fin de Grado

Todos os anos ofertamos TFG relacionados coas nosas liñas de investigación. Se tes unha idea ou interese nunha liña específica, cóntanola e os nosos investigadores asesorarante para que realices o teu TFG con nós.

Traballos Fin de Máster

Se estás na fase final do teu Máster e xa tes unha idea para o teu TFM, no dubides en contactar con nós para expoñela. O CiTIUS é a oportunidade para realizar o teu TFM nun contorno profesional e de alto nivel científico.