BEATLab: Software para a visualización e anotación do Electrocardiograma

BEATLab: Software para a visualización e anotación do Electrocardiograma

BEATLab é unha ferramenta deseñada para visualizar e analizar sinais ECG. Pode ser utilizado para asistir ao persoal clínico e ao persoal investigador clínico. Tamén pode ser utilizado para a formación do persoal médico.

Vantaxes

  • Multiplataforma (Tecnoloxía Java)
  • Formato MIT-BIH
  • Interface amigable
  • Sinxelo de utilizar

Aplicacións

  • Investigación Médica
  • Asistencia Clínica
  • Educación
  • Adestramento

Descrición

BEATLab: Software para a visualización e anotación do Electrocardiograma

BEATLAb é unha ferramenta intuitiva e de fácil uso, con unha baixa curva de aprendizaxe. As súas principais vantaxes son:

  • Visualización multicanle do ECG
  • Edición dos parámetros fisiolóxicos en formato MIT-BIH
  • Caracterización dos latidos (altura e anchura)
  • Modificación sinxela dos parámetros dos latidos
  • Permite a adición de novos plugins: clasificación, validación, clustering, variabilidade do latido

A pantalla principal mostra a sinal cun panel de control que manexa as opcións de visualización da sinal. Permite a anotación e a modificación dos parámetros fisiolóxicos das sinais ECG. BEATLab pode ser utilizado na práctica clínica, a investigación médica ou como unha ferramenta para a ensinanza de técnicas diagnósticas sobre o ECG ao persoal médico.

Información

Programas científicos