GOVOCITOS: Software para a estimación da fecundidade en peixes analizando imaxes histolóxicas

GOVOCITOS: Software para a estimación da fecundidade en peixes analizando imaxes histolóxicas

O potencial reprodutivo das poboacións de peixes é unha medida da súa capacidade para producir ovos viables, o que depende de dous parámetros: fecundidade e estado de maduración. O seguimento deses parámetros permite estudar a dinámica das poboacións para obter a información necesaria para levar a cabo unha avaliación analítica da calidade e estado das poboacións de peixes.

Govocitos é unha ferramenta software que permite estimar a fecundidade dos peixes utilizando o método estereolóxico para estudar a dinámica do desenvolvemento e recrutamento dos ovocitos.

Vantaxes

  • Velocidade, precisión e fiabilidade
  • Resultados reproducibles e revisables
  • Automatización: aumento da precisión dos experimentos
  • Desenvolvemento xenérico e modular: posible uso para outras aplicacións

Aplicacións

  • Estimación da fecundidade en peixes e outras especies a partires de imaxes histolóxicas das súas gónadas.
  • Xestión de pesquerías e recursos mariños
  • Extensible a outros problemas de contaxe, medición e clasificación:
    • Reconto de polen (palinoloxía)
    • Oncoloxía e citoloxía
    • Agricultura: análise do efecto de enfermidades na capacidade foliar das plantas

Descrición

GOVOCITOS: Software para a estimación da fecundidade en peixes analizando imaxes histolóxicas

A estimación da fecundidade de especies de peixes é esencial para o estudo da dinámica poboacional de distintas especies. Este tipo de estimacións lévanse a cabo analizando imaxes de cortes histolóxicos das gónadas e levando a cabo un proceso de reconto e medida dos ovocitos maduros, clasificándoos segundo o estado de desenvolvemento.

Ata o momento este tipo de análise realizábase mediante un reconto manual, intensivo en tempo e pouco preciso. Como consecuencia, estes estudos resultan pouco frecuentes na práctica.

Govocitos permite estimar a fecundidade dos peixes utilizando o método histolóxico, procesando automaticamente as imaxes histolóxicas para recoñecer e clasificar cada ovocito da imaxe, de forma rápida, precisa e revisable.

Govocitos facilita a trazabilidade dos resultados. Ademais, está prantexado dende un enfoque que facilita o traballo colaborativo.

 

Información

Demostradores

Programas científicos