Metis: Tecnoloxía para o soporte á decisión en agricultura

Metis: Tecnoloxía para o soporte á decisión en agricultura

Metis é unha tecnoloxía de soporte á decisión en agricultura que, utilizando información meteorolóxica e modelos de predición de risco de danos causados por pragas, xera información en tempo real para axudar a prever a infección dos cultivos, minimizar as perdas e axudar a optimizar o uso dos tratamentos fitosanitarios.

Vantaxes

  • Redución do uso de pesticidas
  • Facilidade para incluír novas estacións meteorolóxicas
  • Facilidade para incluír novos tratamentos fitosanitarios
  • Tempo real
  • Xestión normalizada da información a través de linked data

Aplicacións

  • Detección de gastrópodos terrestres
  • Predición de pragas
  • Axuda a decisión para a aplicación de tratamentos en cultivos

Descrición

Metis: Tecnoloxía para o soporte á decisión en agricultura

A tecnoloxía Metis utiliza un sistema baseado en Linked Data sobre o que se almacena toda a información relevante para a predición do risco de danos causados por pragas de gastrópodos terrestres. Utilizando información de ao redor de 60 estacións Metis clasifica a probabilidade de risco de pragas en tres niveis: baixo, medio e alto.

Metis amosa toda a información de forma xeorreferenciada nun mapa de Galicia. Ademais, xera automaticamente descricións en linguaxe natural da probabilidade das pragas. Conta ademais cun sistema de axuda para administración de tratamentos, clasificado por tipo de agricultura, principio activo e tipo de preparado.

Información

Demostradores