Openet4mg: Openet para Guías Clínicas

Openet4mg: Openet para Guías Clínicas

Openet4mg é unha plataforma para a definición e execución de guías médicas sobre unha solución na nube. Openet4mg permite a modificación dinámica das guías médicas en tempo de execución, e a personalización das mesmas ás particularidades e circunstancias do paciente.

Openet4mg implementa neste momento unha guía clínica para a diabetes e outra para a fibrilación auricular, que están sendo desenvolvidas en colaboración cos hospitais de A Coruña e Santiago de Compostela, respectivamente.

Vantaxes

  • Personalización para cada paciente: Openet4mg permite ós especialistas incorporar novos tratamentos e actividades terapéuticas para adaptalos ás particularidades e resposta evolutiva dos pacientes.
  • Modificación dinámica dos procedementos sen deter a execución: Os especialistas poden modificar as características dos procedementos durante a execución da guía, incluíndo novos tratamentos e actividades “en quente” para personalizar a guía a cada paciente. Este feito resulta especialmente relevante tendo en conta que resulta moi difícil codificar todas as posibles situacións asociadas ó seguimento dun procedemento médico
  • Deseño colaborativo entre profesionais: Openet4mg permite que diferentes especialistas médicos colaboren na definición das guías clínicas a través da plataforma
  • Soportado pola nube: Openet4mg é unha solución escalable soportada por unha arquitectura na nube.

Aplicacións

  • Axuda ó diagnóstico, tratamento e seguimento de pacientes
  • Formación de profesionais médicos.

Descrición

Openet4mg: Openet para Guías Clínicas

As guías de práctica clínica son declaracións ou directrices que inclúen recomendacións destinadas a optimizar a atención ó paciente baseadas nunha revisión sistemática da evidencia e na avaliacións dos riscos e beneficios das diferentes opcións de coidado”. A principal motivación das guías de práctica clínica é mellorar a calidade da atención ó paciente e así reducir os custos derivados dos tratamentos.

OPENET4MG é unha arquitectura que permite a xestión automática e a personalización de guías médicas. O sistema consta de:

  • Un editor de guías clínicas, que permite a definición de actividades terapéuticas e a definición dos esquemas de coordinación entre facultativos e pacientes
  • Un executor baseado en tecnoloxías de workflows, que se encarga de executar as guías nun entorno real a través dunha arquitectura orientada a servizos.
  • Un sistema baseado en regras para a definición de situacións clínicas e o disparo das alarmas.
  • Unha arquitectura escalable, soportada pola nube.
  • Sistemas de axuda que relacionan os procedementos clínicos coas fontes científicas que os avalan.

Información

Programas científicos