Optiplan4LibrePlan: asignación óptima de recursos en problemas de scheduling

Optiplan4LibrePlan: asignación óptima de recursos en problemas de scheduling

Os problemas de scheduling de tipo Flexible Job Shop (FJSP) son moi comúns na asignación óptima de recursos para a realización de tarefas. Esencialmente consisten nun conxunto de centros de traballo que contan con diferentes máquinas/persoal que deben realizar unha serie de traballos que se descompoñen en tarefas e que poden ter dependencias diversas entre eles. O obxectivo é obter unha planificación óptima na asignación das tarefas a máquinas para finalizar os traballos no menor tempo posible. Os problemas tipo FJSP cóntanse entre os que presentan maior complexidade.

A solución do problema FJSP resulta de gran importancia na asignación de calquera tipo de recurso, como maquinaria, persoal, ferramentas, instalación ou espazos,…Optiplan4LibrePlan foi desenvolto en colaboración con Igalia e é o núcleo de planificación automática na súa ferramenta web Open Source para a planificación de proxectos libreplan.

Vantaxes

  • Admite recursos limitantes (i.e. un número de unidades fixas) e non limitantes (i.e. disponibilidade infinita)
  • Alto grado de optimización das soluciones
  • Alta eficiencia
  • Optimización multi-obxectivo (e.g., tempo, custos, etc.)
  • Incorpora información de calendarios
  • Integrado coa ferramenta open source para planificación de proxectos libreplan

Aplicacións

  • Problemas de scheduling ou planificación en xeral
  • Asignación de maquinaria/persoal ou outros recursos en problemas industriais ou proxectos en xeral
  • Optimización da asignación de equipos a turnos de traballo
  • Optimización do uso de instalacións

Descrición

Optiplan4LibrePlan: asignación óptima de recursos en problemas de scheduling

Optiplan4LibrePlan é unha solución para o Flexible Job Shop Problem desenvolto con tecnoloxía JAVA. Utiliza técnicas de Intelixencia Artificial baseadas en metaheurísticas para a asignación de recursos, que conseguen un alto grado de optimización das solucións nun corto espazo de tempo.

Optiplan4LibrePlan permite incorporar a información dos calendarios da organización, co cal é capaz de ter en conta as restricións temporais de persoal e/ou maquinaria. Conta ademais cunha interface web que facilita o uso da ferramenta.

Información