ServandoPlatform: plataforma de telemediciña

ServandoPlatform: plataforma de telemediciña

Unha plataforma de telemedicina para o seguimento de pacientes crónicos con procesado intelixente da información fisiolóxica en tempo real.

Vantaxes

  • Uso sinxelo para o paciente, con axenda e recordatorios.
  • Mellora da atención ao paciente, anticipando episodios de risco.
  • Redución dos custes sanitarios, previndo recaídas graves.
  • Análise da información fisiolóxica en tempo real, con sistema de alertas para os profesionais sanitarios.
  • Sistema de baixo custe, independente do dispositivo utilizado.

Aplicacións

  • Telemonitorización domiciliaria de pacientes crónicos
  • Prendas intelixentes
  • Monitorización ambulatoria e/ou en planta

Descrición

ServandoPlatform: plataforma de telemediciña

Hoxe en día, a poboación envellece e a esperanza de vida aumenta. Estes factores contribúen ó incremento do número de pacientes crónicos e polo tanto un maior gasto nos sistemas sanitarios. É polo tanto necesario enfocar a asistencia sanitaria en sistemas que permitan que o paciente participe de forma activa na xestión da súa enfermidade e que melloren a asistencia sanitaria recibida. Todo isto permite reducir o número de recaídas e visitas ao hospital.

Servando é unha plataforma distribuída de código aberto que aborda estas cuestións, permitindo:

  • A planificación persoalizada das accións médicas que debe realizar o paciente no seu fogar, segundo un protocolo de seguimento.
  • O encapsulamento e reutilización de funcionalidades nun conxunto de servizos facilmente configurables en función da enfermidade e do paciente.
  • A visualización e análise, vía web, da información rexistrada para cada paciente por parte do equipo médico
  • O procesado intelixente da información fisiolóxica en tempo real e a detección de eventos significativos, como por exemplo arritmias, isquemias, saturación de osíxeno.

Servizos xa desenvolvidos:

  • Axenda
  • Tests de calidade de vida
  • Evolución do peso
  • Presión sanguínea
  • Monitorización do electrocardiograma
  • Control da medicación

Información

Programas científicos