SIRIUS: Sistema para a Integración de Servizos de Procesamento de Imaxes da Retina

SIRIUS: Sistema para a Integración de Servizos de Procesamento de Imaxes da Retina

Doenzas crónicas como a hipertensión e o diabetes, producen alteracións das paredes arteriales, causando o seu estreitamento.

Estas alteracións producen danos en órganos esenciais como o corazón (insuficiencia cardíaca, ataque cardíaco por obstrución de arterias, isquemia), riñóns (insuficiencia renal), ollos (hemorraxias, obstrucións, cegueira), cerebro (aneurismas, accidentes cerebrovasculares).

O estreitamento das arterias é visible no ollo mediante unha análise do seu calibre nunha fotografía de fondo de ollo (retinografía). É un método non invasivo para analizar cambios na microcirculación retiniana dos pacientes.

SIRIUS é un sistema de diagnóstico que analiza retinografías en busca desas alteracións, permitindo detectar a enfermidade nunha fase temprana e realizar un seguimento da súa evolución.

Vantaxes

  • Método non invasivo
  • Medición fiable e repetible
  • Análise e diagnóstico en tempo real

Aplicacións

Diagnóstico temperán e monitorización de complicacións circulatorias producidas por:

  • Diabetes
  • Hipertensión
  • Outras enfermidades que produzan alteracións nos calibres arteriais

Descrición

SIRIUS: Sistema para a Integración de Servizos de Procesamento de Imaxes da Retina

Desenvolveuse unha plataforma web distribuida para o análise automático ou semi-automático de retinografías en color. Esta plataforma integra os seguintes procesos:

  • Detección do disco óptico, como paso previo ao análise microvascular
  • Selección dos vasos oculares e medición do seu calibre
  • Diferenciación de arterias e venas
  • Cálculo do Índice Arterio-Venoso (IAV, relación entre diámetros de arterias e diámetros de venas), valor diagnóstico para numerosas patoloxías

Adicionalmente, SIRIUS permite xestionar o historial de pacientes, podendo facer un seguimento da súa evolución.

Esta tecnoloxía desenvolveuse fruto da colaboración entre investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña e do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Información

Demostradores

Programas científicos