Sistema para a detección do síndrome de Apnea-Hipopnea

Sistema para a detección do síndrome de Apnea-Hipopnea

Estímase que a síndrome de Apnea-Hipopnea (SAHS) afecta no mundo ao 4% de homes adultos, ao 2% de mulleres adultas (Young et al., 1993), e ao 3% dos nenos (American Thoracic Society, 1999). A diagnose de SAHS require da inspección visual do rexistro de polisomnografía, un test consistente no rexistro dunha serie ampla de parámetros fisiolóxicos durante o sono.

O sistema proposto permite a identificación automática de eventos patolóxicos relevantes para o diagnóstico de SAHS. Ademais, o sistema utiliza unha serie de "metáforas visuais" para axudar aos especialistas na inspección das polisomnografías.

A proposta foi validada con datos de 12 pacientes e con máis de 69 horas de rexistros, co resultado dun 95.7% de eventos identificados correctamente. A proporción de falsos negativos foi dun 1.6%.

Vantaxes

  • Gran precisión na identificación de eventos asociados ao SAHS
  • Moi fácil de utilizar
  • Axuste intuitivo do sistema de identificación de eventos

Aplicacións

  • Detección de Apnea-Hipopnea

Descrición

Sistema para a detección do síndrome de Apnea-Hipopnea

Actualmente, a regra de ouro para a diagnose de SAHS é a polisomnografía, un test consistente no rexistro dunha serie ampla de parámetros fisiolóxicos durante o sono. Entre estes parámetros encóntranse o fluxo respiratorio (RA), a saturación de osíxeno da hemoglobina (SpO2), o esforzo torácico (TE), o esforzo abdominal (AE), o electrocardiograma, o electromiograma, o electroencefalograma, o ruído da farinxe derivado do ronquido, etc. Para realizar a diagnose, os clínicos deben identificar e caracterizar os diferentes tipos de eventos patolóxicos que acontecen durante a evolución temporal dos parámetros rexistrados na polisomnografía, que inclúe unha gran cantidade de parámetros fisiolóxicos dos pacientes.

O propósito desta inspección é a identificación e caracterización de diferentes tipos de eventos patolóxicos que acontecen nestes parámetros, e que se definen por medio dun conxunto de criterios morfolóxicos. Baseándose nestes criterios, as aplicacións comerciais desenvolveron unha serie de ferramentas de soporte co obxectivo de facilitar a inspección das polisomnografías por parte dos especialistas.

A comunidade científica do campo da enxeñaría biomédica propuxo varias solucións para axudar ao persoal clínico nesta tarefa. Algunhas delas formulan o diagnóstico completamente automático a partir da información do polisomnógrafo. Non obstante, aínda que esta sería a solución ideal, ningunha alcanzou un nivel de calidade que abonde para substituír aos especialistas.

A solución formulada utiliza algoritmos de lóxica borrosa para detectar automaticamente eventos patolóxicos nos sinais fisiolóxicos, utilizando para iso datos de sinal asociados á polisomnografía (respiración, SpO2, etc.).

Ademais, o sistema pode ser doadamente axustado polos especialistas para a identificación dos eventos diagnósticos.

Información

    • Palabras chave
    • Síndrome de Apnea-Hipopnea
    • Polisomnografía
    • TRL
    • 4 - Component and/or breadboard validation in laboratory environment