Sistema de deteción de hidrocarburos basado no análise de imaxes de radar de apertura sintética

Sistema de deteción de hidrocarburos basado no análise de imaxes de radar de apertura sintética

Sistema que permite detectar automaticamente e en tempo real vertidos de hidrocarburos na superficie oceánica mediante o análise de imaxes de satélite de Radar de Apertura Sintética (SAR). Esta aplicación resulta de gran utilidade para a protección medioambiental dos océanos e para a detección de vertidos ilegais.

Vantaxes

  • Sistema de detección de ampla cobertura
  • Redución dos custes dos sistemas de vixilancia actuais
  • Procesado de imaxes en tempo real
  • Funcionamento independente das condicións meteorolóxicas e de luminosidade

Aplicacións

  • Detección de hidrocarburos no océano
  • Protección medioambiental do océano e as costas
  • Identificación de descargas de hidrocarburos ilegais

Descrición

Sistema de deteción de hidrocarburos basado no análise de imaxes de radar de apertura sintética

O comercio internacional apoiase maioritariamente no transporte marítimo, con grandes buques navegando preto das costas e un tráfico marítimo moi intenso. O seguimento do transporte marítimo resulta fundamental para garantir unha resposta adecuada ante emerxencias medioambientais como os derrames de hidrocarburos. Diferentes estudos demostraron que só o 7% dos vertidos de petróleo pode atribuírse a accidentes, mentres as descargas operacionais dos buques (xeralmente, a limpeza das sentinas dos buques) representan a metade da contaminación total de petróleo que hai nos océanos.

As imaxes obtidas polos Radar de Apertura Sintética (SAR) permiten cubrir áreas moi grandes e coñecer características da superficie do océano independentemente da meteoroloxía. Isto as convirte nunha ferramenta moi útil para visualizar o estado do mar mesmo en condicións meteorolóxicas adversas (alto nivel de nebulosidade) ou do momento do día no que se realizaron (noite ou día).

A tecnoloxía desenvolvida permite analizar automaticamente esas imaxes do SAR para detectar vertidos de hidrocarburos no océano. O algoritmo realiza unha segmentación adaptativa das imaxes baseándose en información sobre a intensidade dos ventos da zoa analizada. Posteriormente os candidatos segmentados son clasificados como vertidos ou como falsos positivos a través de técnicas de intelixencia artificial. O proceso completo realizase en tempo real convertendolo nunha ferramenta moi útil para a detección de vertidos ilegais e a protección medioambiental de océanos e costas.

Información

Programas científicos