SoftLearn: Sistema para a avaliación de fluxos de aprendizaxe en plataformas de E-learning sociais

SoftLearn: Sistema para a avaliación de fluxos de aprendizaxe en plataformas de E-learning sociais

SoftLearn é unha ferramenta orientada á visualización e avaliación dos fluxos de aprendizaxe que teñen lugar nunha plataforma de e-learning. Para elo, SoftLearn fai uso de técnicas de minería de procesos que permiten descubrir automaticamente o fluxo de aprendizaxe que é seguido polos alumnos nun determinado curso durante o desenrolo das súas tarefas de aprendizaxe.

Desta forma, SoftLearn permite identificar a actividade real dos usuarios da plataforma ao longo do tempo, o que a converte nunha ferramenta de gran utilidade para profesores e avaliadores. Ademais, SoftLearn permite traballar con diferentes agrupamentos temporais, para xerar vistas con diferentes niveis de detalle.

Vantaxes

  • Xeración do fluxo real da actividade levada a cabo polos alumnos
  • Descubrimento de actividades non planificadas
  • Navegación tremendamente intuitiva
  • Adaptable a grupos
  • Vistas con diferente nivel de detalle temporal

Aplicacións

  • Plataformas de E-Learning
  • Extensible a calquera dominio no que diversos axentes se coordinen para o desenvolvemento de actividades (e.g., industrial, médico, etc.)

Descrición

SoftLearn utiliza técnicas de Intelixencia Artificial moi avanzadas para inferir e agrupar a secuencia de tarefas levadas a cabo polos estudantes (por exemplo, tarefas asignadas polos profesores, revisión de materiais, resolución de exercicios, navegación por páxinas web, publicación de blogs, etc.).

A partir das trazas da realización de tarefas, SoftLearn infire o “fluxo de actividade” de alumnos e grupos. Este fluxo pode ser consultado polos profesores para comprobar a secuencia de tarefas dos alumnos, analizar que tarefas levan a cabo estes en cada momento, así como navegar pola “secuencia de actividades dos alumnos” dunha forma sinxela.

Ademais SoftLearn integra un sistema de reprodución que permite visualizar a execución de actividades de alumnos e grupos.

Información

Demostradores